Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37180

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 133/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 133/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Blanco Arnejo contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpeto, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza 143/2019, de data 26 de marzo de 2019, ditada no procedemento DSP 763/2018 a favor da parte executante, Manuel Blanco Arnejo, fronte a Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpeto, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 200 euros en concepto de custas procesuais.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir solidariamente os executados Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpeto, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 200 euros en concepto de custas procesuais, e ingresará o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (expediente xudicial 1589 0000 64 0133 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpeto, S.L. co fin de que no prazo de dez anos manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpeto, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza