Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37182

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (EXP 127/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución provisional 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dantia Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: procede a execución provisional de Antía Reino de la Campa, e aboaralle Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L. á executante o salario do mes de maio de 2019 por importe de 1.161,40 euros e os salarios que se vaian devindicando a partir de maio de 2019 en diante e durante a tramitación do recurso de suplicación, e continuará prestando a traballadora os seus servizos retribuídos.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Recoñecer a Antía Reino de la Campa o dereito a percibir con cargo á cantidade consignada polo recorrente para recorrer e en concepto de anticipo reintegrable a contía de 1.161,40 euros (salario correspondente ao mes de maio) e os salarios que se vaian devengando a partir do mes de maio de 2019 en diante, e durante a tramitación do recurso de suplicación, con expresa mención da obriga solidaria do executante xunto co Estado de devolver ao empresario a cantidade anticipada da consignación se se revogase a sentenza de instancia nos termos previstos na LPL.

– Expedir mandamento de pagamento debidamente asinado e selado pola letrada da Administración de xustiza, a favor de Antía Reino de la Campa, por importe de 1.161,40 euros en concepto de anticipo á conta (salario do mes de maio), á súa disposición nesta oficina xudicial.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza