Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36933

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (630/2017).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Las 4 Esquinas del Mundo, S.L. fronte a Isi Woman, S.C. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza número 106/2019.

Ourense, 24 de maio de 2019.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número un de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 630/2017, seguidos por iniciativa de Las 4 Esquinas del Mundo, S.L. quen actúa representada pola procuradora María José Conde González e definida polo letrado Josep F. Conesa Molina fronte a Isi Woman, S.C. (CIF G32365462) en situación de rebeldía procesual. Versan os presentes autos sobre reclamación cantidade...

Decidimos:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora María José Conde González en representación de Las 4 Esquinas del Mundo, S.L. fronte a Isi Woman, S.C. condénase a dita demandada a que aboe á demandante a cantidade de 4.552,89 € en concepto de principal e gastos. O importe da factura, 4.458,55 €, devindica os xuros por mora previsto na Lei 3/2004, do 29 de decembro (modificada pola Lei 11/2013) de loita contra a morosidade en operacións mercantís.

As custas impóñense á demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtase que esta non é firme. Contra a sentenza pode interpoñerse recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma indicada no artigo 458 da Lei de axuizamento civil. Indíquese á demandada que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñer non acredita documentalmente ter constituído o depósito que para recorrer exixe a Lei orgánica do poder xudicial así como, se é o caso, ter liquidado a taxa xudicial creada pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Mª Pilar Domínguez Comesaña. Asinado e rubricado.

E encontrándose a devandita demandada, Isi Woman, S.C., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 27 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza