Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36931

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4134/2018).

Tipo e número recurso: recurso de suplicación 4134/18 CBO

Materia: reclamación de cantidade

Recorrente: Serafín Rey Noya

Recorridos: Fogasa e Vasse Cocina y Baño, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra. Procedemento ordinario 54/2017

Casación en unificación de doutrina: 110/19

Parte recorrente: Serafín Rey Noya

Avogada: María del Carmen González Ferro

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4134/18, seguido por instancia de Serafín Rey Noya contra Vasse Cocina y Baños, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Bazarra Varela.

A Coruña, 22 de xullo de 2019.

O anterior escrito subscrito pola letrada Sra. González Ferro en nome e representación de Serafín Rey Noya, ao que se xunta a sentenza de contraste, únese á correspondente peza de recurso de casación.

Como xa vén acordado por resolución do pasado 23 de maio, procédese ao emprazamento das demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días; para isto líbrese o correspondente edicto ao DOG co fin de que proceda ao emprazamento da empresa Vasse Cocina y Baño, S.L., que se encontra en ignorado paradoiro.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vasse Cocina y Baños, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza