Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36693

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (476/2016).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que neste procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Benita González Ferro fronte a José Santiago Sánchez Fajardo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 130/2017.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Benita González Ferro

Procurador: Sr. Fernández Villaverde

Avogado: Sra. Rodríguez Fidalgo

Demandado: José Santiago Sánchez Fajardo (en rebeldía procesual)

Xuízo verbal 476/2016 sobre resolución de contrato.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

Resolvo:

Estimar totalmente a demanda interposta por Benita González Ferro, representada polo Sr. Fernández Villaverde, contra José Santiago Sánchez Fajardo, en rebeldía procesual, declaro a resolución do contrato subscrito o 23 de febreiro de 2012 entre as partes e condeno o demandado a retirar a máquina fotocopiadora que se encontra no despacho da demandante así como a devolverlle a fianza de 1.000 euros.

Isto con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese en legal forma.

Esta sentenza é firme; contra ela non cabe recurso.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E, encontrándose o dito demandado, José Santiago Sánchez Fajardo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza