Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 54/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 54/2018, seguido por instancia de José María Barreiro Bouzas contra Inymont Noroeste, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 17 de xullo de 2019 polo que se declara a executada en situación de insolvencia provisional e acordouse o arquivamento das actuacións, podendo interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inymont Noroeste, S.L, en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza