Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36691

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (558/2019).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 278/2019 desta sección, seguido por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra Fogasa, Nueva Omsa España, S.A e Sara Lee de España, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 168/2019 IP

Parte recorrente: María Ángeles Fuentes Ríos

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 18 de xullo de 2019

Declárase a nulidade da dilixencia de ordenación do 20 de xuño de 2019 ao terse producido un erro nela ao dicir que o letrado Jorge Ulla Rocha representaba a Sara Lee de España, S.L. cando a quen representa é a María Ángeles Fuentes Ríos, polo que se acorda o seguinte:

O anterior escrito presentado polo letrado Jorge Ulla Rocha en nome e representación de María Ángeles Fuentes Ríos, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario.

Expídase certificación da sentenza que invoca como de contraste con expresión da súa firmeza, que se unirá á peza separada unha vez que se presente o escrito de interposición do RCUD.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante el Tribunal Supremo.

Notifíquese a presente resolución.

A letrada da Administración de xustiza».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Sara Lee de España, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza