Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36689

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 513/2019 IP).

Secretaria: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 513/2019 IP

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 895/2017 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: María Pilar Pampín Redonda

Avogada: María Loreto Briones Amor

Recorridos: Fogasa, Fernando García Abal, representante legal Fernando García Abal en representación de Estudios del Noroeste, S.A.

Avogados: letrado de Fogasa (...), (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 513/2019 desta sección, seguido por instancia de María Pilar Pampín Redonda contra Fernando García Abal, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Apreciando de oficio a carencia sobrevida de obxecto sobre o cal pronunciarse no recurso de suplicación interposto por María Pilar Pampín Redonda contra a Sentenza do 30 de outubro de 2018 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Estudios del Noroeste Sociedad Anónima e, en consecuencia, manterase o sentido desestimatorio da sentenza de instancia en relación coa demanda reitora de actuacións, pero será unha desestimación por razóns de forma, de maneira que, ao quedar imprexulgadas as razóns de fondo, debemos observar o que se resolva en relación coa acción exercida nas presentes actuacións na execución cuxa continuidade se acordou na nosa Sentenza do 29 de novembro de 2018 (rec. sup. 1201/2018).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fernando García Abal en calidade de liquidador de Estudios del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza