Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36687

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 753/2019 IP).

Secretaría: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 753/2019 IP

Xulgado de orixe/autos: p. de oficio autoridade laboral 170/2018 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Condado de Zeus, S.L.

Avogada: María Victoria González Pérez

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Yarisa Candelario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar, Patricia Ferreira da Mata

Avogados: letrado da Seguridade Social (...), (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 753/2019 desta sección, seguido por instancia de Condado de Zeus, S.L. contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Yarisa Candelario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar, Patricia Ferreira da Mata, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 178/2019 RMR.

Parte recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Dilixencia de ordenación do/da letrado da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 17 de xullo de 2019.

O anterior escrito subscrito polo letrado da Administración da Seguridade Social, en representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 4 de Ourense que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Yarisa Calendario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar e Patricia Ferrora da Mata, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza