Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36685

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2398/2019-MRA).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2398/2019-MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 650/2018. Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridas: Mutual Midat Cyclops, Parques y Mobiliario Urbano de Galicia, S.L.

Avogado: Wilson Domingo Jones Romero

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2398/2019 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Mutual Midat Cyclops e Parques y Mobiliario Urbano de Galicia, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada Cristina García Estévez, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a Sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense, do 20 de decembro de 2018, nos autos 650/2018, que revogamos, e desestimamos a demanda formulada por Mutual Midat Cyclops contra as entidades xestoras recorrentes, nos termos do fundamento xurídico cuarto.IV desta sentenza.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Parques y Mobiliario Urbano de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza