Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36053

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG núm. 245, do 26 de decembro de 2018), prevé 6.605.980,00 € para a anualidade 2019 e 9.908.970,00 € para a anualidade 2020, distribuídos entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) existentes.

O punto 3 do artigo 2 da citada Resolución do 14 de decembro de 2018 indica que as contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, e que se debe publicar no DOG o aludido incremento.

O 6 de maio de 2019 o director xeral da Agader emitiu as resolucións polas que se lles autorizaba aos GDR o importe máximo dispoñible para a submedida 19.4 (gastos en custos correntes e animación) da medida Leader, que ten asignado un importe máximo vinculado ao importe asignado á submedida 19.2. Non obstante, algúns GDR optaron por solicitarlle a Agader un importe menor ao inicialmente previsto para a anualidade 2019. Esta diferenza ascende en total a oitocentos vinte e dous mil oitocentos dezaseis euros (822.816,00 €).

O 19 de xuño de 2019, a autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020 autorizou o traspaso do remanente da submedida 19.4 á submedida 19.2. Por outra banda, o 27 de xuño de 2019, o director xeral de Planificación e Orzamentos, por delegación do conselleiro de Facenda, autorizou o traspaso do remanente da submedida 19.4 á submedida 19.2.

Por outra parte, cómpre incorporar o remanente da convocatoria de proxectos Leader (submedida 19.2) inmediatamente anterior e correspondente ás anualidades 2018-2019, que estaba financiada con cargo ao mesmo crédito orzamentario. Estes remanentes de fondos, na anualidade 2019, que non se puideron asignar a ningún proxecto por inexistencia destes ou por desistencia dos promotores, ascenden a un importe total de trescentos sesenta e dous mil setecentos corenta e catro euros con once céntimos (362.744,11 €).

Deste xeito, os importes globais a incorporar na anualidade 2019 ascenden a un total de un millón cento oitenta e cinco mil cincocentos sesenta euros con once céntimos (1.185.560,11 €).

Remanente a incorporar da medida 19.2 procedente da convocatoria 2018-2019

362.744,11

Traspaso de fondos da medida 19.4 á 19.2

822.816,00

Total

1.185.560,11

Dado que rematou o prazo para a presentación de solicitudes, que o procedemento está en fase de instrución e que existen dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ao financiamento da liña de axudas de que se trata, coa finalidade de facela chegar ao maior número de beneficiarios posible para cumprir mellor os obxectivos previstos inicialmente.

En consecuencia, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 11 de xullo de 2013, que se publicou mediante a Resolución do 24 de xullo de 2017 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase, nos importes que se indican a continuación, a dotación orzamentaria que prevé para 2019 a Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG núm. 245, do 26 de decembro de 2018):

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento GPT

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

311.424,40

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

770.614,07

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

103.521,64

Total

1.185.560,11

Conforme o exposto, a dotación orzamentaria total para o financiamento da convocatoria, para a anualidade 2019, é a seguinte:

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento GPT

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

1.838.918,90

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

5.064.502,57

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

888.118,64

Total

7.791.540,11

A citada ampliación distribuirase entre os GDR conforme ao remanente de fondos a que deu lugar cada un, no que se refire ao remanente da convocatoria de proxectos Leader 2018-2019.

No que respecta aos fondos procedentes da submedida 19.4 da medida Leader distribuirase nas mesmas porcentaxes que estableceron as resolucións do director xeral da Agader polas que se autorizaron as distribucións dos importes dispoñibles para cada GDR na submedida 19.2 do PDR de Galicia 2014-2020 entre as tipoloxías de proxectos existentes nesa submedida (produtivos, non produtivos promovidos por entidades públicas de carácter local, non produtivos promovidos por entidades de natureza privada e formación promovida polos propios GDRs).

O crédito cofinánciase nun 75 % polo fondo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

A ampliación da dotación orzamentaria non lle afecta ao prazo de presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición adicional

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición final

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural