Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36057

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade dunha encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e co artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á seguinte encarga a medios propios, coas seguintes características:

– Resolución do 29 de xullo de 2019, do director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a prestación do servizo de apoio técnico para a xestión de axudas no ámbito do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (expediente EMP-IGVS02/19).

– Actividade: a encarga terá como obxecto o apoio técnico ás unidades administrativas do IGVS, respecto aos diferentes programas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, calquera que sexa o seu procedemento de concesión, concorrencia competitiva como non competitiva: información aos particulares sobre os requisitos dos programas e, se é o caso, colaboración na formalización das súas solicitudes; apoio técnico ás unidades administrativas na resolución dos expedientes; contestación ás consultas formuladas polas persoas interesadas.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e o punto 2 da disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses contados desde o 1 de agosto de 2019. O encargo poderá ser obxecto de prórrogas parciais, con duración mensual ou por períodos inferiores, co límite máximo do 15 de xullo de 2021.

– Financiamento: a encarga financiase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, aplicación orzamentaria: 2019.07.83.451A.227.99 e código de proxecto 2015 00007.

– O importe total máximo da encarga acadará os catrocentos nove mil novecentos un euros con sete céntimos (409.901,07 €).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 19.4.2018)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo