Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36052

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 23 de xullo de 2019 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do IES número 1 do concello de Ordes.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), a proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispoÑo:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ordes.

Código: 15027782.

Denominación actual: Instituto Educación Secundaria (IES) Número 1.

Nova denominación: Instituto Educación Secundaria (IES) Ordes.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional