Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34953

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (505/2018).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Studio Glass, S.L. fronte a Plan B Publicidad y Marketing Online, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Maxistrada xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: 9 de maio de 2019.

Demandante: Studio Glass, S.L.

Avogado: Carlos Atrio Moreiras.

Procuradora: Vanesa Núñez Martínez.

Demandado: Plan B Publicidad y Marketing Online, S.L.

Procedemento: xuízo verbal 505/2018.

Resolución.

Estimando integramente a demanda interposta por Studio Glass, S.L. fronte a Plan B Publicidad y Marketing Online, S.L. debo condenar e condeno a esta a aboar á demandante a suma de 3.411,55 euros máis xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela...».

Así por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura da maxistrada xuíza).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar o depósito de 50 euros na conta expediente 3641000013050518 Banco Santander.

Encontrándose o demandado, Plan B Publicidad y Marketing Online, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 10 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza