Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (440/2018).

Margarita Caloto Goyanes, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Manuel González Román fronte a Alexander Figueroa Presno ditouse sentenza número 147/2019, cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 26 de xuño de 2019.

Maxistrado xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Manuel González Román.

Avogado: María del Pilar Villar Pérez.

Demandado: Alexander Figueroa Presno (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo:

(…)

Decido que, admitindo integramente a demanda presentada pola representación procesual de Manuel González Román fronte a Alexander Figueroa Presno, condeno este a aboar ao demandante a suma de 1.790 euros, co incremento no xuro legal do diñeiro computado desde o 4 de xuño de 2018.

Con expresa imposición das custas do procedemento á parte demandada.

A presente resolución é firme e contra ela cabe non cabe recurso ningún, á vista da contía fixada e o disposto polo artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil na súa redacción actualmente vixente.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, Alexander Figueroa Presno, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 1 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza