Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 130/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 130/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asepeyo contra Maderas Ovidio, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza firme da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data 21 de xaneiro de 2019, que revoga a sentenza 67/2018 do 12 de febreiro ditada no procedemento SSS 33/2015 por este órgano xudicial, a favor da parte executante, Asepeyo, fronte a Maderas Ovidio, S.L. e para caso de insolvencia subsidiariamente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, parte executada, por importe de 12.605,05 euros en concepto de principal (cantidades anticipadas en concepto de subsidio de IT e gastos de asistencia sanitaria), máis outros 1.260,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Maderas Ovidio, S.L., e para caso de insolvencia subsidiariamente o INSS e a TXSS, co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 12.605,05 euros en concepto de principal (cantidades anticipadas en concepto de subsidio de IT e gastos de asistencia sanitaria), máis outros 1.260,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingresarase o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 130 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Maderas Ovidio, S.L co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, Asepeyo, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, se puidesen obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maderas Ovidio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza