Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34725

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (PO 520/2016).

No procedemento de xuízo ordinario 520/2016 ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vilagarcía de Arousa o vinte e catro de maio de dous mil dezanove.

Vistos por min, Mario S. Martínez Álvarez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos do xuízo ordinario número 520/2016, en que é parte demandante Omar Razzouki Cambeiro, representado pola procuradora dos tribunais Marta María Ferradáns Padín e asistido polo letrado Gerardo Piñeiro Gómez, e como parte demandada Alfonso Torres Fernández, en situación de rebeldía procesual».

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Marta María Ferradáns Padín, en nome e representación de Omar Razzouki Cambeiro, contra Alfonso Torres Fernández, e en consecuencia condeno o demandado a que aboe ao demandante a cantidade de nove mil trescentos euros (9.300 €) en concepto de principal, máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda.

Condénase o demandado ao pagamento das costas procesuais causadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e pode impugnarse mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC). O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, debendo expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos impugnados (artigo 458.2 da LAC).

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando testemuño desta nos autos da súa razón.

Así por esta miña sentenza, acórdao, mándao e asínao Mario S. Martínez Álvarez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alfonso Torres Fernández, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 12 de xuño de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza