Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34724

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento das persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 4100/2019 contra o Plan xeral de ordenación municipal de Caldas de Reis.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo número 4100/2019, por C.B.P. fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre a Orde do 11 de outubro de 2018, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Caldas de Reis.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 10 de xuño de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade ao dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 8 de xullo de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza