De conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Pontevedra:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, situada na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, de Pontevedra.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.
No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».
Pontevedra, 3 de xullo de 2019
César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado |
Importe |
Curso |
Causa |
Jiménez Cordeiro, Félix |
1.826,00 euros |
2015/2016 |
7.10 |
Peralba Ortega, Anxo |
1.713,00 euros |
2015/2016 |
7.10 |
Rodríguez Casal, Diego |
913,00 euros |
2015/2016 |
7.5 |
Rodríguez Díaz, Jhon Sebastián |
913,00 euros |
2015/2016 |
7.5 |
Vázquez Ricoy, Sofía |
2.400,00 euros |
2015/2016 |
7.26 |
Cuadros Vidal, Julio César |
260,00 euros |
2015/2016 |
1.10 |
Fuentes Ruadas, Santiago |
260,00 euros |
2015/2016 |
1.10 |
Lage Piay, Alejandro |
2.182,81 euros |
2015/2016 |
1.10 |
Comesaña del Río, Daniel |
1.996,66 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Piñeiro Balaguer, Aida |
260,00 euros |
2015/2016 |
1.10 |
Vilas Villar, Raúl |
1.972,31 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Alonso Chantada, Lucas |
640,00 euros |
2015/2016 |
7.5 |
Morais Fechata, Alexis |
913,00 euros |
2015/2016 |
7.5 |
Somoza Candedo, Alexandre |
260,00 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Alfaya Mansiado, Samuel |
1.973,64 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Calero Guzmán, Mercedes |
2.033,45 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Castro Hernández, Jeimy Katherine |
1.999,36 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Gonzalves Barreiro, Helder |
260,00 euros |
2016/2017 |
1.10 |
Carrera Paz, Yanira |
913,00 euros |
2016/2017 |
7.5 |
Hernández Navarrete, Didier |
913,00 euros |
2016/2017 |
7.5 |
Poceiro Estévez, Kevin |
913,00 euros |
2016/2017 |
7.34 |
Cordero Granada, Jesús Alfredo |
913,00 euros |
2016/2017 |
7.5 |
Rebollido Pérez, Aroa |
675,00 euros |
2015/2016 |
7.26 |
Lorenzo González, Sidonio Alexander |
260,00 euros |
2016/2017 |
1.10 |
González Conde, Xaquín |
260,00 euros |
2015/2016 |
1.10 |
Zegarra Villanueva, Dionet |
2.147,14 euros |
2015/2016 |
1.10 |