Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/201-1, modificado 2, no concello de Arteixo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificado 2 recuamento LMT, GRN-708 rúa Brasil, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1 Mod. 2), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinale o propio concello.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 11 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/201-1 Mod. 2.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 2 recuamento LMT, GRN-708 rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

8

Rigacha

Descoñecida

14.8.2019

12.00