Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xullo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreo adquirido pola comunidade de Ronfe (expediente 10/79).

De acordo co artigo 57.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, as adquisicións de terras por compra deberán ser motivadas pola comunidade veciñal titular no cumprimento dos seus fins, no interese xeral das persoas comuneiras, na defensa dos seus montes e dos seus accesos, no mellor aproveitamento dos recursos ou na mellora ou ampliación do monte veciñal en man común, e requirirá da autorización previa da Administración forestal, que deberá resolver a solicitude de compra no período máximo de tres meses. As terras adquiridas mediante compra serán cualificadas polos respectivos xurados provinciais de montes veciñais en man común como montes veciñais en man común e non poderán ser obxecto de permuta por un período mínimo de vinte anos.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 25.6.2019, figura o seguinte acordo:

Monte Costalvello (expediente 10/79), pertencente aos veciños da parroquia de Ronfe, no termo municipal de Láncara. O 17.1.2018, ten rexistro de entrada un escrito de Constantino López Rodríguez en representación da comunidade de Ronfe, solicitando a autorización para a compra e a súa incorporación ao monte veciñal, da parcela catastral 27026R004006120000ZR, adquirida por compra o 5.1.2018. Esta compra foi autorizada por resolución da Dirección Xeral de Ordenación Forestal do 1.6.2018. Dado traslado do devandito escrito e documentación achegada ao Servizo de Montes, o 29.5.2019 emite un informe (47/18), no cal se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da incorporación, e o monte Costalvello queda cunha superficie de 87,7 hectáreas. En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común os terreos adquiridos, nas condicións establecidas pola Lei 7/2012 e proceder ás oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe do Servizo de Montes.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 5 de xullo de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo