Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente-e IN407A 2019/108-1).

Expediente-e: IN407A 2019/108-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Vilar-San Mateo.

Concello: Narón.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV cunha lonxitude de 552 m, coa orixe no apoio núm. 43-A10 existente da LMT.SMR711 (expediente: 27047), no treito da derivada ao CT Confurco (expte.: 47/03), condutor tipo LA-56 mm2 Al e remate no CT Vilar (proxectado).

– Centro de transformación intemperie Vilar cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2019/108-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Vilar-San Mateo.

Concello: Narón.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados.

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais; m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

Núm. de predio

Lugar

Cultivo

Propietaria/o

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de enerxía eléctrica

Núm. apoio

ml aér.

m² aér.

1

Pillueiro

Labor

Hdros. de Edelmiro Díaz Gato

9.0

111.0

2

Pillueiro

Labor

María Teresa Yáñez Martín

1

2.0

20.0

218.0

4

Pillueiro

Labor

José Luis Esperante Basanta

41.0

5

Pillueiro

Labor

Pura Doce Grandal

39.0

7

Pillueiro

Prado

Hdros. Manuel Díaz Doce

15.0

224.0

8

Agrelo

Prado

Santiago Lorenzo Díaz

35.0

444.0

9

Agrelo

Labor

Manuela Montero López

18.0

182.0

10

Agrelo

Labor

Josefa Fernández Santiago

11.0

339.0

11

Agrelo

Eucaliptos

Amelia Pérez Dopico

89.0

13

Calliqueira

Prado

Josefa Lorenzo Díaz

2

2.0

64.0

906.0

14

Agrelo

Labor

María del Carmen Díaz Bouza

96.0

15

Calliqueira

Prado

Emilio Naveiras Blanco e esposa

52.0

724.0

16

Agrelo

Prado

Andrés Mosquera López

10.0

132.0

17

Agrelo

Prado

José Antonio Puentes Pérez

16.0

256.0

19

Agrelo

Prado

José Pérez López

11.0

20

Vilar

Labor

José Pérez López

½ 3

1.0

162.0

2401.0

22

Vilar

Prado

María del Carmen Díaz Bouza

18.0

254.0

23

Vilar

Labor

María José Vázquez Lorenzo e irmáns

4

2.0

34.0

543.0

24

Vilar

Eucaliptos

José Pérez López

102.0

27

Pena Longa

Monte baixo

Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña

5 e ½ 6 - centro transf.

15.0

30.0

356.0

28

Pena Longa

Eucaliptos

José Pérez López

½ 6 - centro transf.

5.0

1.0

16.0