Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 8 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de responsabilidade patrimonial que foi devolta polo servizo de Correos (expediente RP/CIV/18/00174).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica no expediente de responsabilidade patrimonial, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá formular un recurso contencioso-administrativo ante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña o seu domicilio a persoa demandante ou o de Santiago de Compostela, entendéndose limitada esta posibilidade de elección aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao final do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 41 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa; sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida formular un recurso de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes a contar desde a mesma data, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade

ANEXO

Núm. procedemento

Persoa interesada

Resolución

RP/CIV/18/00174

Alejandro López González

Desistencia