Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (162/2018).

Procedemento ordinario 162/18 sobre sociedades

Demandante: Baygar, S.L.

Demandados: Marcos López Sáez, Javier Vidal Fraguas

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, polo presente anuncio:

Neste xulgado e co número 162/2018 séguense autos de xuízo ordinario, seguido por instancia de Baygar, S.L. contra Marcos López Sáez e Javier Vidal Fraguas, nos cales, con data do 29 de abril de 2019 se ditou sentenza e con data do 13 de maio de 2019, auto aclaratorio, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Bayga, S.L. contra Marcos López Sáez e David Vidal Fraguas, e condénanse os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 7.680 euros, xunto co xuro legal contado desde o 15 de maio de 2018, así como ao pagamento das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se interpón recurso, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poder presentar o recurso terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander. Esta exentos desta obriga os titulares do dereito á xustiza gratuíta. Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

O letrado da Administración de xustiza».

Parte dispositiva: aclárase a sentenza do 29 de abril de 2019 no sentido de efectuar nesta as seguintes rectificacións:

– En todo o texto da sentenza onde di: “David Vidal Fraguas”, debe dicir: “Javier Vidal Fraguas”.

– Na resolución, onde di: “estímase parcialmente”, debe dicir: “estímase integramente”.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas e fágaselles saber que é firme e que fronte a ela non cabe recurso.

Así por este auto, ordénao, mándao e asínao, Manuel Marquina Álvarez, maxistrado titular do Xulgado do Mercantil número 1 dos de Pontevedra. Dou fe.

Faise imposición das custas desta instancia á demandada.

Contra esta sentenza non cabe ningún recurso.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. E encontrándose o devandito demandado, Óscar Franco Muíños en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forme a este.

Pontevedra, 14 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza