Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33976

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4175/2018-MRA).

Tipo e nº de recurso: rsu recurso suplicación 4175/2018 MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 191/161 Xulgado do Social nº 3 de Lugo

Recorrentes: Ana María López Guerreiro, Manuel López Martínez

Avogados: Fernando Prado Gómez, Fernando Prado Gómez

Recorridos: Fogasa, Asefasa, S.A., Telematica Obras y Montajes, S.L., Montajes e Ingeniería Arce, S.L., Allianz Compañia de Seguros y Reaseguros, S.A., Marta Serra Méndez

Avogados: letrado de Fogasa, Francisco Antonio Concheiro Teijido, Marta Serra Méndez, Mauro Jesús Varela Pintos, Marta Serra Méndez

Procuradores: María Lourdes García Méndez , Álvaro Antonio Martín Buitrago Calvet

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4175/2018 desta sección, seguido por instancia de Ana María López Guerreiro, Manuel López Martínez contra Fogasa, Asefasa, S.A, Telemática Obras y Montajes, S.L., Montajes e Ingeniería Arce, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Marta Serra Méndez, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto polo letrado Fernando Prado Gómez, en nome e representación de Manuel López Martínez e Ana López Guerreiro, contra a sentenza do Xulgado do Social nº 3 de Lugo, do 28 de marzo de 2018, en autos nº 191/2016, que revogamos e, en consecuencia:

1. Declaramos o dereito dos demandantes-recorrentes a percibir cincuenta e dous mil cento vinte e cinco euros con oitenta e un céntimos (52.125’81 €) en concepto de indemnización por danos e perdas derivados do falecemento en accidente de traballo de Pablo López Guerreiro.

2. Condenamos as empresas, aseguradoras e administración concursal codemandadas a respectar esta declaración.

3. Condenamos solidariamente a Telemática Obras y Montajes, S.L., Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. ao aboamento do importe referido no punto 1 que precede, excepto a cantidade de mil cincocentos euros (1.500 €), a cuxo pagamento condenamos exclusivamente a Telemática Obras y Montajes, S.L. s

4. Non procede fixar ningunha cantidade en concepto de gastos por funeral/enterro nin por xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro.

5. Absolvemos a Asefa, S.A. Seguro y Reaseguro.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Telemática Obras y Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza