Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33938

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se extingue a autorización do CEMU Harmonía, de Lugo.

Mediante Orde do 22 de xuño de 2000 (DOG do 19 de xullo) autorízase a apertura e funcionamento do Centro de Música Harmonía, de Lugo, para impartir o grao elemental e medio.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional inicia o expediente para a extinción da autorización do Centro de Música Harmonía por non ter alumnos matriculados nas ensinanzas autorizadas desde hai máis de dous cursos académicos .

En aplicación da disposición sétima.2 da Orde do 5 de decembro de 1995 (DOG do 7 de febreiro de 1996) a extinción da autorización poderá declararse de oficio, logo de audiencia ao interesado, cando un centro docente cesase de feito nas súas actividades durante os dous cursos inmediatamente anteriores á orde que se dite.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, coa Orde do 5 de decembro de 1996, que o desenvolve, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir a autorización do CEMU Harmonía, de Lugo, por cesamento nas súas actividades docentes. Código do centro 27020574.

Artigo 2. Baixa rexistro de centros docentes

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional