Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33936

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música do Concello de Coles no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Coles solicita a inscrición da escola de música municipal no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destes centros docentes.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Inscrición no rexistro de escolas de música

Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Provincia: Ourense.

Concello: 32152 Coles.

Localidade: Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio).

Domicilio: lugar de Vilarchao, s/n.

Código do centro: 32020926.

Titular: Concello de Coles.

Denominación: Escola de Música do Concello de Coles.

Artigo 2. Réxime xurídico

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teñan que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional