Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1202/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 1202/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Ramos Esmorís contra Cotemac, S.L., coa intervención de Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 1202/2017.

Demandante: Jorge Ramos Esmorís.

Letrada: Sra. Gómez Lozano.

Demandada: Cotemac, S.L.

Sentenza número 354/2019.

A Coruña, 18 de xuño de 2019.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Jorge Ramos Esmorís fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que vai aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 6.145,24 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 48,58 euros/día, o que dá a cantidade de 29.099,42 euros.

O Fogasa deberá aterse resolto nesta resolución sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.