Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (SS 45/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SS 45/2019, seguido por instancia de Gaspar Suárez Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridad Social e Operador Logístico Logia, S.L., sobre determinación de continxencia, se ditaron a Sentenza 308/2019, do 11 de xuño, e o Auto de rectificación da sentenza, do 20 de xuño, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Operador Logístico Logia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza