Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33356

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (PO 248/2017).

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo.

Ord. Procedemento ordinario 248/2017.

Procedemento de orixe: Ord. 248-17/2017 sobre outras materias.

Demandante: Peregrina Comesaña Vila.

Procuradora: María Jesús Nogueira Fos.

Avogado: José Manuel Lorenzo Fernández.

Demandado: Román Martínez Alonso.

Edicto (PO 248/2017).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número 248/2017 se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Vigo, 4 de xuño de 2018.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario 248/2017, promovidos por Peregrina Comesaña Vila, representada pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Nogueira Fos e asistida polo letrado José Manuel Lorenzo Fernández, contra Román Martínez Alonso, en rebeldía procesual, autos dos cales resulta o seguinte.

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Peregrina Comesaña Vila, representada pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Nogueira Fos, contra Román Martínez Alonso, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, condeno o citado demandado a aboarlle á demandante a cantidade de dezasete mil douscentos cincuenta e cinco euros con trinta e seis céntimos (17.255,36 euros), máis os xuros legais e as custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia.

Despois de ser dada e lida na súa data e ao encontrarse o demandado, Román Martínez Alonso, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto para lle que sirva de notificación ao referido demandado.

Vigo, 24 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza