Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33354

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (826/2017).

Eu, Gema Antolín Perez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Claudia Marcela Ocampo Henao fronte a Carlos Neider Rodriguez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 826/2017, en que é parte demandante Claudia Marcela Ocampo Henao, representada polo procurador Pedro Andrés Barral Vila e asistida do letrado José María Méndez Benegassi Silva, e como parte demandada, Carlos Neider Rodríguez, declarado en rebeldía procesual».

«Resolución.

Estimo a demanda presentada polo procurador Pedro Andrés Barral Vila, en nome e representación de Claudia Marcela Ocampo Henao, contra Carlos Neider Rodríguez, en rebeldía procesual, e en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 2 10 de outubro de 2007, inscrito no tomo 114, páxina 299 da Sección Segunda do Rexistro Civil de Tarragona, con todos os efectos legais que esta declaración implica. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgasen. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Tarragona.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, as que se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Carlos Neider Rodriguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 29 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza