Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33352

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de taller do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Convocada mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2019 (DOG núm. 50, do 12 de marzo), da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de concurso de méritos, do posto de xefe/a de taller do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril) pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, do posto de xefe/a de taller do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, convocada mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2019 (DOG núm. 50, do 12 de marzo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 27 de xuño de 2019

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: xefe de taller.

Nome e apelidos: Julio Fernández Veiga.

DNI: ***5582**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.