Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33350

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019 pola que se ordena a publicación da modificación do Regulamento polo que se implantan medios electrónicos que facilitan o acceso dos cidadáns aos servizos públicos e se crean a sede electrónica, o Rexistro Electrónico e o taboleiro de anuncios, aprobada no Consello de Goberno do 21 de xuño de 2019.

Exposición de motivos.

O Consello de Goberno da USC, na súa sesión do 21 de xuño de 2019, acordou modificar o Regulamento polo que se implantan medios electrónicos que facilitan o acceso dos cidadáns aos servizos públicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e se crean a sede electrónica, o Rexistro Electrónico e o taboleiro de anuncios.

Por isto, esta reitoría

resolve:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do Regulamento polo que se implantan medios electrónicos que facilitan o acceso dos cidadáns aos servizos públicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e se crean a sede electrónica, o Rexistro Electrónico e o taboleiro de anuncios da USC, aprobada no Consello de Goberno do 21 de xuño de 2019, nos termos do anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Anexo

Modificación do Regulamento polo que se implantan medios electrónicos
que facilitan o acceso dos cidadáns aos servizos públicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e se crean a sede electrónica, o Rexistro Electrónico e o taboleiro de anuncios

Preámbulo.

A programación plurianual, aprobada polo Consello de Goberno do 28 de maio de 2019, inclúe no seu eixe 3 Poñerse ao servizo da sociedade, a liña de actuación 3.2. Potenciar o uso da lingua galega en todos os ámbitos. Neste marco defínese a acción 3.2.5 do seguinte xeito: «Fomento do coñecemento, uso e prestixio da lingua galega na sociedade. (...). Posta en marcha, entre outros programas, do proxecto Esenciais e desenvolvemento do .gal».

Para dar cumprimento ao previsto na referida programación plurianual, cómpre ampliar a dirección da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela fixada no Regulamento polo que se implantan medios electrónicos que facilitan o acceso dos cidadáns aos servizos públicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e se crean a sede electrónica, o Rexistro Electrónico e o taboleiro de anuncios, aprobado no Consello de Goberno do 29 de xaneiro de 2013, incorporando o dominio .gal.

Por todo o anterior, o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela acordou, con data do 21 de xuño de 2019:

Primeiro. Modificar o artigo 9 do Regulamento polo que se implantan medios electrónicos que facilitan o acceso dos cidadáns aos servizos públicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e se crean a sede electrónica, o Rexistro Electrónico e o taboleiro de anuncios, e a súa redacción queda como segue:

Artigo 9. Enderezo electrónico da sede

O enderezo electrónico de referencia da sede será

https://sede.usc.gal ou https://sede.usc.es

Segundo. Modificar o artigo 3 do anexo I Regulamento do Rexistro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela, que queda coa seguinte redacción:

Artigo 3. Acceso ao Rexistro Electrónico

O Rexistro Electrónico estará accesible a través do enderezo

https://sede.usc.gal ou https://sede.usc.es

Terceiro. Esta modificación entrará en vigor na data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.