Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33358

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (869/2017).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se pronunciou a Sentenza do 10 de xuño de 2019, que no seu encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza 125/2019.

Vigo, 10 de xuño de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 869/2017 se seguen por instancia de Vitogas España, S.A.U., representada polo procurador Manuel Carlos Diz Guedes e dirixida pola letrada Concha Tarazona Ferrando, contra José Castro Comesaña, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Fallo.

Estimo parcialmente a demanda formulada por Vitogas España, S.A.U. contra de José Castro Comesaña, e, en consecuencia, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a José Castro Comesaña a aboarlle a Vitogas España, S.A.U., a cantidade de 4.615,36 euros. Desta cantidade, os 249,36 euros a que ascenden as facturas polo alugamento do depósito reportarán uns xuros de demora de 8 %, respecto das facturas cuxo vencemento se producise no primeiro semestre do ano 2011; do 8,25 % para aquelas cuxo vencemento tivo lugar durante o segundo semestre de 2011; e do 8 % para as que venceron no primeiro semestre de 2012. Os restantes 4.366 euros reportarán o xuro legal do diñeiro, contado desde a data da reclamación xudicial.

2º. Non procede efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC por medio deste edicto notifícase a José Castro Comesaña, baixo os apercibimentos contidos na devandita resolución.

Vigo, 12 de xuño de 2019

O letrado da Administración de justicia