Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 70/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 70/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Agrelo contra Gestio Illahotels, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019.

Parte dispositiva.

Declárase que José Martínez Agrelo desiste da demanda de execución que deu lugar á incoación do presente procedemento ETX 70/2919 contra Gestio Illahotels, S.L., e, en consecuencia, decrétanse o sobresemento e o arquivamento das actuacións.

Non procede efectuar imposición das custas procesuais a ningunha das partes.

Notifíquese ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de autos. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o pronuncia, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza