Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 286/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 286/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela de la Fuente Gondelle e María Lucía Ayude Ruibal contra a empresa Elensu, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Desestimo integramente a demanda interposta por Manuela de la Fuente Gondelle e María Lucía Ayude Ruibal contra o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, absolvo o organismo demandado das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Elensu, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza