Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32535

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (537/2018).

No presente procedemento seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a María Esther Outerial Santamaría, José Alcalde Ábalos, María Cristina García Fernández, José Antonio Alcalde Outeiral se ditou sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 103/2019.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez.

Demandante: Caixabank, S.A.

Procurador: Sra. Pardo de Vera Moreno.

Avogado: Sr. Medina González.

Demandados: María Esther Outeiral Santamaría, José Alcalde Ábalos, María Cristina García Fernández e José Antonio Alcalde Outeiral (en rebeldía procesual).

Xuízo ordinario 537/2018 sobre contrato de crédito hipotecario.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019.

Decido.

Estimar substancialmente a demanda interposta por Caixabank, S.A., representada pola Sra. Pardo de Vera Moreno contra María Esther Outeiral Santamaría, José Alcalde Ábalos, María Cristina García Fernández e José Antonio Alcalde Outeiral cos seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro a resolución do contrato de crédito hipotecario subscrito polas partes mediante escritura pública con data do 22 de xuño de 2007.

2º. Condeno solidariamente os demandados a aboar á demandante 43.538,85 euros.

3º. Condeno solidariamente os demandados a aboar os xuros ao tipo do remuneratorio pactado sobre o capital de 43.226 euros, percibidos desde a data do peche de conta (o 28 de xullo de 2018).

Todo iso con imposición de custas aos demandados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte (20) días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a previa constitución de depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do Xulgado debendo xustificarse a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E encontrándose os devanditos demandados María Esther Outeiral Santamaría, José Alcalde Ábalos, María Cristina García Fernández, José Antonio Alcalde Outeiral, en paradoiro descoñecido, e en rebeldía, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza