Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32534

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (666/2018).

Eu, Lourdes Villegas Castrillo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto anuncio, que no procedemento sobre xuízo ordinario 666/2018 seguido por instancia de PSA Financial Services Spain EFC, S.A. fronte a Anderson Alves Alfonsín se dictou sentenza do 26 de febreiro de 2019.

E, atopándose en paradeiro descoñecido Anderson Alves Alfonsín expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, no que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra esa resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á notificación deste edicto.

A Coruña, 10 de xuño de 2019

A secretaria xudicial