Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32532

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (PO 148/2017).

Eu, Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 148/2017 se seguen autos de xuízo ordinario entre as partes que logo se dirán, en que se ditou a sentenza cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

Sentenza

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Fernández-Cid Tremoya

Lugar: A Coruña

Data: 2 de xaneiro de 2019

Demandante: María Soledad Salinas Buján

Avogada: María Castro Lubián

Procuradora: Ana Lage Pérez

Demandada: Cooperativa de Viviendas Alférez Provisional da Coruña, en situación procesual de rebeldía

Así mesmo, tamén constan ditados dous autos de aclaración da dita sentenza, con datas 13 de febreiro e 8 de maio de 2019, cuxos respectivos encabezamentos son como seguen:

Auto

Maxistrado xuíz: Eduardo Fernández-Cid Tremoya

A Coruña, 13 de febreiro de 2019

Auto

Maxistrado xuíz: Eduardo Fernández-Cid Tremoya

A Coruña, 8 de maio de 2019. Dou fe.

Tanto a dita sentenza como ambos os autos de aclaración están na secretaría, á disposición das partes.

E ao estar a demandada Cooperativa de Viviendas Alférez Provisional da Coruña en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma das ditas resolucións.

A Coruña, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza