Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32530

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (278/2019).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 278/2019 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 558/2017 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: María Ángeles Fuentes Ríos

Avogado: Jorge Ulla Rocha

Recorridos: Fogasa, Nueva Omsa España, S.A., Sara Lee de España, S.A.

Avogados: letrado de Fogasa, Josep Xavier Gambus Picart

Procuradora: Laura Carnero Rodríguez

Edicto

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 278/2019 desta sección, seguido por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 168/2019 IP

Parte recorrente: María Ángeles Fuentes Ríos

Dilixencia de ordenación

Da letrada da Administración de xustiza, María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 20 de xuño de 2019

O anterior escrito presentado polo letrado Jorge Ulla Rocha, en nome e representación de Sara Lee de España, S.A., únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Expídase certificación da sentenza que invoca como de contraste con expresión da súa firmeza, que se unirá á peza separada unha vez que se presente o escrito de interposición do recurso de casación de unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sara Lee de España, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza