Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32529

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 914/2019).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 914/2019-IG de seguido por instancia de Mónica Gradín Giráldez contra Fogasa e Mantenimiento y Servicios Doval, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«O anterior escrito presentado polo letrado Andrés González-Palacios Sardina, en nome e representación de Mónica Gradín Giráldez, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación das sentenzas que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimientos y Servicios Doval, S.L. con último domicilio coñecido en r/ Zamora, 71, Vigo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza