Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018578AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 28 de maio de 2019 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2018578AL-PO, incoado á persoa titular do DNI 76857400W.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula se notifica a persoa titular do DNI 76857400W o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de xuño de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018578AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 76857400W.

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Preceptos infrinxidos:

– RD 3484/2000, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas:

• Artigo 3: un dos requisitos que deben cumprir os establecementos é dispoñer «da documentación necesaria para poder acreditar ao proveedor inmediato das materias primas empregadas e dos produtos que almacenan, subministran, venden ou sirven».

• Artigo 10: «Os responsables das empresas desenvolverán e aplicarán sistemas permanentes de autocontrol, tendo en conta a natureza do alimento, os pasos e procesos posteriores a que se vai someter o alimento e o tamaño do establecemento».

– Regulamento (CE) 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

• Anexo I, parte A, punto 7: «Os operadores de empresa alimentaria deberán levar e conservar rexistros sobre as medidas aplicadas para controlar os perigos de maneira axeitada e durante un período axeitado tendo en conta a natureza e o tamaño da empresa alimentaria. Logo de petición, os operadores de empresa alimentaria porán a información relevante que conste nos ditos rexistros a disposición das autoridades competentes e dos operadores de empresa alimentaria de recepción».

• Capítulo XII do anexo II, en relación co artigo 4: «Os operadores de empresa alimentaria deberán garantir: 1) A supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral».

– Regulamento (UE) 1169/2011, sobre información alimentaria facilitada ao consumidor:

• Artigo 9.1.c): establece unha información alimentaria obrigatoria en que inclúe «todo ingrediente ou coadxuvante tecnolóxico que figure no anexo II ou derive dunha substancia ou produto que figure no dito anexo que cause alerxias ou intolerancias e se empregue na fabricación ou elaboración dun alimento e siga estando presente no produto acabado, aínda que sexa nunha forma modificada».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1 parágrafos 10 e 11 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: mil seiscentos sesenta e seis euros con sesenta e seis céntimos (1.666,66 €).