Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019022AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 13 de xuño do 2019 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2019022AL-PO, incoado á persoa titular do NIE X9333618B.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a persoa titular do NIE X9333618B o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de xuño de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2019022AL-PO.

NIE da persoa denunciada: X9333618B.

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Preceptos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

– Artigo 3: «Obrigas xerais dos operadores de empresa alimentaria. Os operadores de empresa alimentaria se cerciorarán de que en todas as etapas da produción, a transformación e a distribución de alimentos baixo o seu control se cumpren os requisitos de hixiene pertinentes recollidos no presente regulamento».

– Artigo 4: Requisitos xerais e específicos en materia de hixiene. Punto 2: «Os operadores de empresa alimentaria que desempeñen a súa actividade en calquera das fases de produción, transformación e distribución de alimentos posteriores a aquelas ás que é de aplicación o punto 1 cumprirán as normas xerais de hixiene que figuran no anexo II...».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51.1 parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: tres mil trescentos trinta e tres euros con trinta e tres céntimos (3.333,333 €).