Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (924/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 924/2016 por instancia de Juan Lema Agulleiro, Ramino Martínez Canosa, Pedro Castor Cives Abuelo e Avelino Nodar Trillo, contra a empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., sobre cantidade, en que se ditou Sentenza do 11 de xuño de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Juan Lema Agulleiro, Ramino Martínez Canosa, Pedro Castor Cives Abuelo e Avelino Nodar Trillo fronte á empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L. a aboar aos traballadores as seguintes cantidades:

– A Juan Lema Agulleiro, oito mil cento setenta e un euros con trinta e tres céntimos de euro (8.171,33 euros).

– A Pedro Castor Cives Abuelo, sete mil trescentos sesenta e tres euros con oitenta e tres céntimos de euro (7.363,83 euros).

– A Ramino Martínez Canosa, seis mil seiscentos setenta e seis euros con tres céntimos de euro (6.676,03 euros).

– A Avelino Nodar Trillo, seis mil oitocentos oitenta e nove euros con sesenta e nove céntimos de euro (6.889,69 euros).

Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza