Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 921/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 921/2018 por instancia de Yhony Xavier Gómez Torres contra Santiso Ferreira, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 28 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Yhony Xavier Gómez Torres contra a empresa Santiso Ferreira, S.L., e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Santiso Ferreira, S.L., ao traballador.

– Condénase a empresa Santiso Ferreira, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.789,43 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 43,38 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Santiso Ferreira, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza