Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (938/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 938/2016, por instancia de Ana María Hiraldo Hiraldo contra a empresa Vilariño Enxebre, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza do 11 de xuño de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Ana María Hiraldo Hiraldo fronte á empresa Vilariño Enxebre, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Vilariño Enxebre, S.L. a aboar a Ana María Hiraldo Hiraldo a cantidade de tres mil setecentos trinta e sete euros con corenta e dous céntimos de euro (3.737,42 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Vilariño Enxebre, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza