Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32168

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4363/2016).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, letrado da Administración de xustiza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento ordinario 4363/2016 desta sala, seguido por instancia de Vodafone España, S.A. (antes Airtel Móvil, S.A.) contra o Concello de Mos (Pontevedra), se ditou sentenza 8/2019, do 15 de xaneiro, firme desde o 22 de marzo de 2019, que contén a seguinte resolución:

«Que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Vodafone España, S.A.U. contra a aprobación definitiva da ordenanza municipal xeral de ambiente do municipio de Mos, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 114, do 15 de xuño de 2016, cos seguintes pronunciamentos:

1º. Anular os artigos 405, 407 e 408 da ordenanza impugnada.

2º. Anular parcialmente os seguintes preceptos da devandita ordenanza:

– O artigo 411: anúlase só en canto establece que os operadores están obrigados a “incorporar as melloras tecnolóxicas que aparezan e contribuír a reducir os niveis de emisión dos sistemas de radiantes”.

– O artigo 404 anúlase parcialmente en canto establece que “O presente título ten por finalidade a harmonización do despregamento das redes de radiocomunicación coa protección da saúde e das persoas”.

3º. Non procede a anulación dos artigos 409 e 413».

E para publicar no diario oficial en cumprimento do disposto no artigo 107.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de xuño de 2019

O letrado da Administración de xustiza