Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32167

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4352/2016).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, letrado da Administración de xustiza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento ordinario 4352/2016 seguido por instancia de L.G.R. contra o Concello de Porto do Son (A Coruña) e a Consellería de Medio e Ordenación do Territorio, sobre a Orde do 28 de abril de 2016 que aproba o Plan xeral de ordenación municipal de Porto do Son, se ditou sentenza 582/2018, do 26 de novembro, firme desde o 27 de febreiro de 2019, que contén a seguinte resolución:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Luis García Rodríguez contra a Orde do 28 de abril de 2016, da Consellería de Medio e Ordenación do Territorio, pola que se aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Porto do Son, e declaramos a nulidade parcial do plan, no que se refire á clasificación da parcela con referencia catastral 9500314 MH 9390 S 0001 TI, cos seguintes pronunciamentos:

1º. Recoñecer a natureza de solo urbano consolidado ao devandito terreo descrito na demanda.

2º. Ordenar que se axuste a delimitación do sector de solo urbanizable de uso residencial SU-R-06 “XIO 1”, excluíndo deste a devandita parcela descrita na demanda».

E para publicar no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo o disposto no artigo 107.2 LXCA, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de xuño de 2019

O letrado da Administración de xustiza