Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 31973

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia.

Visto o acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia (código 82100095012016), subscrito na xuntanza realizada o 3.5.2019 entre a representación empresarial AGO e Asevega e as organizacións sindicais CC.OO., UGT, CIG e CSIF, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da Comisión Negociadora do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 10.00 horas do día 3 de maio de 2019, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas sinaladas a seguir na mesa negociadora do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia:

Parte empresarial:

Eva Vales Fernández (AGO).

Manuel Ángel Fariña Negreira (AGO).

Pablo Franco Otero (Asevega).

Parte sindical:

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Raimundo Méndez García (UGT).

José R. Vizcaíno Mato (UGT).

Pedro Pérez Caride (CIG).

Manuel Ángel Vázquez Rodríguez (CSIF).

Logo das oportunas deliberacións e do debate, as partes acordan a incorporación ao convenio colectivo actual dunha disposición transitoria co seguinte contido:

Disposición transitoria única

A presente disposición transitoria responde á necesidade acreditada de dar unha resposta transitoria ata que se clarifique a situación de encadramento na Seguridade Social das persoas incluídas no ámbito de aplicación deste convenio colectivo, que as organizacións asinantes entenden que é o réxime xeral.

Non obstante, e dadas as dificultades actuais para a aplicación plena deste réxime da Seguridade Social e ata que se dite a resolución xudicial definitiva que permita clarificar de xeito concreto esta circunstancia, as partes acordan a modificación transitoria do contido do anexo nos puntos recollidos a continuación.

As empresas que queiran aplicar esta disposición transitoria deberán comunicalo de xeito expreso e por escrito á Comisión Paritaria do convenio. As empresas que non fagan expresamente a dita comunicación están obrigadas a aplicar o convenio colectivo na súa integridade.

As partes asinantes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación ante a autoridade laboral da presente acta.

ANEXO

Para empresas cunha facturación de ata 275.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 15 de maio ao 15 de outubro e baixa do 16 de outubro ata o 14 de maio.

2018-2019

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.212,85 €

202,14 €

16.979,88 €

2

-

1.161,67 €

193,61 €

16.263,41 €

3

-

1.110,50 €

184,57 €

15.540,84 €

4

-

1.059,32 €

176,55 €

14.830,44 €

Para empresas cunha facturación de 275.001 €/ano ata 450.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 15 de maio ao 15 de outubro.

2018-2019

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.397,08 €

232,85 €

19.559,16 €

2

-

1.330,55 €

221,76 €

18.627,72 €

3

-

1.264,02 €

210,67 €

17.696,28 €

4

-

1.202,61 €

200,43 €

16.836,48 €

Para empresas cunha facturación de 450.001 €/ano ata 600.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 15 de maio ao 15 de outubro.

2018-2019

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.647,84 €

274,64 €

23.069,76 €

2

-

1.576,19 €

262,70 €

22.066,68 €

3

-

1.504,55 €

250,76 €

21.063,72 €

4

-

1.432,90 €

238,81 €

20.060,52 €

Para empresas cunha facturación de 600.001 €/ano ata 750.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 15 de maio ao 15 de outubro.

2018-2019

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.903,71 €

317,29 €

26.652 €

2

-

1.821,83 €

303,64 €

25.505,64 €

3

-

1.739,95 €

289,99 €

24.359,28 €

4

-

1.658,07 €

276,35 €

23.213,04 €

Para empresas cunha facturación de máis de 750.001 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 15 de maio ao 15 de outubro.

2018-2019

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

2.239,42 €

373,23 €

31.351,80 €

2

-

2.172,89 €

362,15 €

30,420,48 €

3

-

2.106,36 €

351,06 €

29.489,04 €

4

-

2.039,84 €

339,97 €

28.557,72 €

Salario mes na tempada baixa do 16 de outubro ao 14 de maio, de aplicación para todas as empresas cunha facturación de máis de 275.000 €/ano.

2018-2019

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.397,08 €

232,85 €

19.559,16 €

2

-

1.330,55 €

221,76 €

18.627,72 €

3

-

1.264,02 €

210,67 €

17.696,28 €

4

-

1.202,61 €

200,43 €

16.836,48 €

Para bolos ou actuacións, na tempada baixa do 16 de outubro ao 14 de maio, de aplicación para todas as empresas independentemente da súa facturación para actuacións en sala.

Ano 2018-2019

Grupo

Nivel

Salario bolo/actuación

1

-

45 €

2

-

45 €

3

-

45 €

4

-

45 €

Para bolos ou actuacións, na tempada alta do 15 de maio ao 15 de outubro, de aplicación para todas as empresas independentemente da súa facturación.

Ano 2018-2019

Grupo

Nivel

Salario bolo/actuación

1

-

80 €

2

-

80 €

3

-

80 €

4

-

80 €

Para o 2020 todos os conceptos económicos incrementaranse nunha contía igual ao IPC do ano anterior.