Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 31978

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comisión Paritaria do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia.

Visto o acordo da Comisión Paritaria do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia (código 82100095012016), subscrito na xuntanza do 20.3.2019, entre a representación empresarial AGO e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Secretaría Xeral de Emprego,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da Comisión Paritaria do convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 12.00 h do 20 de marzo de 2019, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas a seguir mencionadas, en presenza de Verónica Martínez Barbero, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais.

Parte empresarial:

Eva Vales Fernández (AGO).

Manuel Ángel Fariña Negreira (AGO).

Parte sindical:

Pedro Pérez Caride (CIG).

Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Raimundo Méndez García (UGT).

Logo da análise e valoración das cuestións obxecto da presente xuntanza, procede reflectir na acta o seguinte:

Punto primeiro: actualización das táboas salariais.

A presente comisión acorda a actualización das táboas salariais que se achegan como anexo á presente acta.

Punto segundo: resposta ás consultas 1 e 2 (réxime aplicable e encadramento dos traballadores das agrupacións musicais).

Estas persoas teñen un convenio aplicable e un réxime de xornada, intégranse dentro do ámbito de organización e dirección de empresas con características de dependencia e alleamento, subordinación e remuneración, e poden ser contratadas baixo calquera das modalidades previstas no ET (o que de feito se fai actualmente).

Pode existir algunha excepción tamén recollida no convenio colectivo de aplicación, ao regular os bolos, na cal non concorren estas circunstancias. Estas excepcións si que xustificarían a aplicación ás persoas traballadoras do R.D. 1435/1985, do 1 de agosto, e a súa integración nun réxime distinto ao xeral.

Polo tanto, as organizacións integrantes desta comisión paritaria manifestan que o réxime aplicable en xeral, dadas as características das empresas que traballan no sector de orquestras de verbena de Galicia, é o réxime xeral.

Punto terceiro: resposta á consulta 3 (posibilidade de aplicación dentro do encadramento do réxime xeral do convenio colectivo de orquestras de verbena de Galicia).

O convenio colectivo resulta aplicable a todas as persoas traballadoras e empresas que están integradas no sector das orquestras de verbenas da Comunidade Autónoma de Galicia.

As partes asinantes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación ante a autoridade laboral da presente acta.

E non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza, ás 14.00 h do día sinalado no encabezamento, expídese para o efecto a presente acta que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

ANEXO

Para empresas cunha facturación ata 150.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 1 de maio ao 31 de outubro e baixa do 1 de novembro ata o 30 de abril.

2018

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.212,85 €

202,14 €

16.979.88 €

2

-

1.161,67 €

193,61 €

16.263,41 €

3

-

1.110,50 €

184,57 €

15.540,84 €

4

-

1.059,32 €

176,55 €

14.830,44 €

Para empresas cunha facturación ata 350.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 1 de maio ao 31 de outubro.

2018

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.397,08 €

232,85 €

19.559,16 €

2

-

1.330,55 €

221,76 €

18.627,72 €

3

-

1.264,02 €

210,67 €

17.696,28 €

4

-

1.202,61 €

200,43 €

16.836,48 €

Para empresas cunha facturación ata 550.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 1 de maio ao 31 de outubro.

2018

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.647,84 €

274,64 €

23.069,76 €

2

-

1.576,19 €

262,70 €

22.066,68 €

3

-

1.504,55 €

250,76 €

21.063,72 €

4

-

1.432,90 €

238,81 €

20.060,52 €

Para empresas cunha facturación ata 750.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 1 de maio ao 31 de outubro.

2018

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.903,71 €

317,29 €

26.652 €

2

-

1.821,83 €

303,64 €

25.505,64 €

3

-

1.739,95 €

289,99 €

24.359.28 €

4

-

1.658,07 €

276,35 €

23,213,04 €

Para empresas cunha facturación de máis de 750.000 €/ano.

Táboa salarial para a tempada alta do 1 de maio ao 31 de outubro.

2018

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

2.239,42 €

373,23 €

31.351,80 €

2

-

2.172,89 €

362,15 €

30,420,48 €

3

-

2.106,36 €

351,06 €

29.489,04 €

4

-

2.039,84 €

339,97 €

28.557,72 €

Salario mes na tempada baixa do 1 de novembro ao 30 de abril, de aplicación para todas as empresas cunha facturación de máis de 150.000 €/ano.

2018

Grupo

Nivel

Salario

PPE extra

Salario anual

1

-

1.397,08 €

232,85 €

19.559,16 €

2

-

1.330,55 €

221,76 €

18.627,72 €

3

-

1.264,02 €

210,67 €

17.696,28 €

4

-

1.202,61 €

200,43 €

16.836,48 €

Para bolos ou actuacións, en tempada baixa do 1 de novembro ao 30 de abril, de aplicación para todas as empresas independentemente da súa facturación.

Ano 2018

Grupo

Nivel

Salario bolo actuación

1

-

61,41 €

2

-

61,41 €

3

-

61,41 €

4

-

61,41 €

Para bolos ou actuacións, en tempada alta do 1 de maio ao 31 de outubro, de aplicación para todas as empresas independentemente da súa facturación.

Ano 2018

Grupo

Nivel

Salario bolo actuación

1

-

92,12 €

2

-

92,12 €

3

-

92,12 €

4

-

92,12 €